sábado, 26 de octubre de 2019

Outono

Na clase de tres anos, durante estas semanas, fixemos actividades relacionadas co outono.
Descubrimos que caen as follas dos árbores, e incluso...xogamos con elas!


Despois observamos os ourizos, as castañas e as belotas e empregamos plastilina para fácelas.



Antes de despedirnos ata a próxima semana, quérovos ensinar unha foto do patio. Que ben o pasamos todos xuntos xogando!








martes, 15 de octubre de 2019

Comezamos!

Hai un mes que comezamos as clases no novo colexio e cada día estamos máis contentos e contentas. Como podedes ver na foto, xa somos capaces de facer unha fila para saír da clase e poder desfrutar do patio cos compañeiros/as de 4 e 5 anos.
Ademais, a semana pasada celebramos o cumpreanos da nosa compañeira Mara. Pasámolo fenomenal cantando e soprando a vela da tarta!