sábado, 30 de noviembre de 2019

Os parruliños en acción

Bos días a todos e a todas, esta semana no cole celebramos o día contra a violencia de xénero. Para dita conmemoración fixemos nas clases unhas bolboretas que quedaran preciosas no noso lazo:

Tamén empezamos un novo libro relacionado coas casas e as familias…está sendo moi divertido!





Aínda que cóstanos coller o lapis, estamos empezando a facer exercicios para mellorar o noso agarre. Cada vez o facemos mellor…
Especialmente esta semana gustounos moito unha actividade na que pintamos decoración para decorar unha árbore do nadal. Incluso a profesora púxonos panxoliñas!
Antes de dar por finalizada esta semana, gustaríanos agradecerlle a mamá de Sara que viñera ao cole para contarnos un conto, o pasamos fenomenal!

sábado, 23 de noviembre de 2019

Seguimos avanzando

Na clase de 3 anos están sendo unhas semanas de non parar, de pasalo ben e de divertirnos mentres aprendemos.
Seguimos coñecendo as cores e tócalle a quenda ao azul. Fixemos actividades na clase nas que debiamos pintar círculos de cor azul.




Tamén puxemos gomets de comer azul na toalla de lavar as mans… que ben o pasamos!


Sen dúbida as actividades que mais nos gustan as do punzón. Mirade como picamos o paraugas!



Ao chegar o venres estamos moi cansados polo que as profesoras de 3 anos e 4 anos deixannos xogar as dúas clases xuntas pola tarde.
Nos despedimos ata a semana que ven, pero antes… mirade o ben que facemos o tren da relaxación. O pasamos moi ben dándolle masaxes aos nosos compañeiros. 

sábado, 9 de noviembre de 2019

Magosto

Esta semana no colexio fixemos os preparativos para o magosto: decoramos os bricks do leite…quedaron moi bonitos!
Tamén descubrimos o que era o punzón e fixemos unha actividade coa que o pasamos fenomenal. 
Por último, fomos capaces de coñecer a cor vermella decorando un globo.

Como vedes foi unha semana na que fixemos moitas cousas, polo que tamén tivemos os nosos momentos de descanso con música relaxante.


Moitas grazas por seguir as nosas aventuras…e ata a próxima semana!





sábado, 26 de octubre de 2019

Outono

Na clase de tres anos, durante estas semanas, fixemos actividades relacionadas co outono.
Descubrimos que caen as follas dos árbores, e incluso...xogamos con elas!


Despois observamos os ourizos, as castañas e as belotas e empregamos plastilina para fácelas.



Antes de despedirnos ata a próxima semana, quérovos ensinar unha foto do patio. Que ben o pasamos todos xuntos xogando!








martes, 15 de octubre de 2019

Comezamos!

Hai un mes que comezamos as clases no novo colexio e cada día estamos máis contentos e contentas. Como podedes ver na foto, xa somos capaces de facer unha fila para saír da clase e poder desfrutar do patio cos compañeiros/as de 4 e 5 anos.
Ademais, a semana pasada celebramos o cumpreanos da nosa compañeira Mara. Pasámolo fenomenal cantando e soprando a vela da tarta!