sábado, 23 de noviembre de 2019

Seguimos avanzando

Na clase de 3 anos están sendo unhas semanas de non parar, de pasalo ben e de divertirnos mentres aprendemos.
Seguimos coñecendo as cores e tócalle a quenda ao azul. Fixemos actividades na clase nas que debiamos pintar círculos de cor azul.




Tamén puxemos gomets de comer azul na toalla de lavar as mans… que ben o pasamos!


Sen dúbida as actividades que mais nos gustan as do punzón. Mirade como picamos o paraugas!



Ao chegar o venres estamos moi cansados polo que as profesoras de 3 anos e 4 anos deixannos xogar as dúas clases xuntas pola tarde.
Nos despedimos ata a semana que ven, pero antes… mirade o ben que facemos o tren da relaxación. O pasamos moi ben dándolle masaxes aos nosos compañeiros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario