sábado, 30 de noviembre de 2019

Os parruliños en acción

Bos días a todos e a todas, esta semana no cole celebramos o día contra a violencia de xénero. Para dita conmemoración fixemos nas clases unhas bolboretas que quedaran preciosas no noso lazo:

Tamén empezamos un novo libro relacionado coas casas e as familias…está sendo moi divertido!





Aínda que cóstanos coller o lapis, estamos empezando a facer exercicios para mellorar o noso agarre. Cada vez o facemos mellor…
Especialmente esta semana gustounos moito unha actividade na que pintamos decoración para decorar unha árbore do nadal. Incluso a profesora púxonos panxoliñas!
Antes de dar por finalizada esta semana, gustaríanos agradecerlle a mamá de Sara que viñera ao cole para contarnos un conto, o pasamos fenomenal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario