sábado, 1 de febrero de 2020

Volta a rutina

Boas a todos e a todas, os parruliños despois de un tempo de descanso xa estamos de volta na nosa clase!

Os primeiros días foron un pouco duros pero agora xa estamos inmersos/as nas rutinas da aula e o seguimos pasando fenomenal facendo as actividades
Ademais esta semana celebramos o día da paz, para iso fixemos un mural coa palabra paz e decoramos o noso colexio cuns debuxos moi bonitos
No noso tempo de descanso utilizamos os xoguetes que temos na clase e en especial…a nova pizarra que nos trouxeron os reis magos! 



Antes de despedirnos ata a semana que ven, queremos darlle as grazas ao profe Alex por levarnos a un novo sitio… o tatami! Que caras de alegría tiñamos ao ver o novo espazo para xogar
Moitas grazas a todos e a todas...e ata a semana que ven!

No hay comentarios:

Publicar un comentario