miércoles, 18 de marzo de 2020

Materiais para empregar na casa.

Bos días familias, espero que esteades todos ben!
Para amenizar o tempo que temos que estar na casa vou deixar unha serie de materiais por se son do voso interese.

Neste enlace tedes contos que os nenos e nenas poden visualizar ou incluso, se así o preferides, só para escoitalos.
https://www.youtube.com/user/robertopernasalvarez/videos

Nesta páxina encontraredes unha gran variedade de música infantil en galego.

Tamén engado aquí unha banda en galego e que o alumnado escoita na clase de música. Son cancións con ritmo e que desfrutan moito.
https://www.youtube.com/channel/UCUd4p5q1RctezprJuep6TWA/videos

Neste enlace os nenos e nenas poden escoitar a música de Magin Blanco, de seguro que son capaces de cantalas e desfrutan escoitándoas tanto como na clase!

Por último, deixo o enlace a canción que tanto lles gusta e que está feita polos compañeiros e compañeiras do CEIP de Caión.


Moitas grazas pola vosa comprensión e.. seguide participando nos Ardemiro’s Games, xa que son unha gran oportunidade de desfrutar o tempo en familia!

Moitos bicos e apertas para os nenos e nenas da súa profesora, vémonos pronto na clase!




1 comentario:

  1. Por aqui imolo lebando moi ben . El d momento non pidiu sair a fora . Imos un pouco peor os adultos . Un biko grande de Mateo seijad

    ResponderEliminar