jueves, 18 de junio de 2020

Última entrada


Bos días familias, a continuación vou deixar unha serie de recomendacións que podedes seguir cos nenos e nenas ao longo do verán:
  1. É moi importante que os nenos e nenas xoguen. Non hai mellor maneira de aprender que a través do xogo.
  2. É moi recomendable que estean en contacto con outros nenos e nenas favorecendo deste xeito a socialización.
  3. Non debemos esquecer a importancia da lectura. É necesario que os nenos e nenas segan en contacto cos libros, podedes ler un conto o día. Unha recomendación é despois da lectura dos mesmos, facerlle preguntas: de que trataba a historia, cales eran os seus protagonistas, etc.
  4. Non debemos esquecer a importancia dos aspectos lóxico-matemáticos. Podemos incluír dito aspecto na rutina dos nenos e nenas. Por exemplo: a hora de poñer a mesa que conten cantos vasos e pratos teñen que poñer; a hora de xogar que conten as rodas dos coches, os xoguetes que están utilizando, etc.
  5. É recomendable seguir repasando as vogais na casa. Podedes decirlles palabras e que eles/as teñan que adiviñar as vogais que conteñen. Tamén se o preferides o podedes facer nun folio e que as teñan que escribir.
  6. Para continuar traballando o agarre da man e a grafomotricidade podemos pedirlles aos nenos e nenas que fagan debuxos.
  7. Antes de meterse na cama, podedes preguntarlles o que fixeron ao longo do día e que como se sentiron: se estiveron contentos, enfadados, tristes, etc.
  8. Por último, desfrutade ao máximo o tempo que pasaredes cos nenos e nenas.

Por último, aquí rematan as andadas da mestra Paula e os parruliños. Antes de dar por finalizado o primeiro curso escolar dos nenos e nenas, gustaríame dar as grazas a todas as familias pola vosa comprensión e implicación durante este período de tempo. Neste primeiro ano como docente, tiven a sorte de atoparme con familias totalmente implicadas no proceso de aprendizaxe e ensinanza do alumnado, polo que podo asegurarvos que levo gardado un gran recordo do CEIP Mesón do Vento. Empezamos este curso escolar sendo o voso primeiro ano no centro e o meu como mestra, e síntome moi orgullosa de este pequena familia que formamos durante este tempo. Moitas grazas por todos os aprendizaxes que me levo de todas e cada unha das familias, só espero que desfrutarades deste primeiro ano tanto como min.
Aos meus nenos e nenas, decírlles que síntome moi afortunada de atoparme con todos eles e elas. Ver as súas caras de alegría pola maña, os seus abrazos e bicos, e os seus “Te quiero” fanme reforzar esta vocación que sinto pola miña profesión. Como sucede coas familias, levo gardados aprendizaxes de todos/as os/as peques, por que así era a nosa aula, eles aprendían de min e eu con todos e todas.
O noso comezo foi difícil, eu era unha nova persoa a que non coñecían e tiñan que adaptarse. Con traballo, paciencia e cariño fomos conseguindo pouco a pouco o que somos actualmente: un gran equipo que formamos unha clase. En resumo, tedes grandes xoias nas vosas casas.
Pola miña parte só me quede desexarvos o mellor nos seguintes cursos e por suposto… isto non é un adeus e un ata pronto.


3 comentarios:

  1. Moitas gracias Paula, os nenos estaban encantados contigo, foches unha moi boa profesora. Moita sorte!!

    ResponderEliminar
  2. Botaremoste moitísimo de menos Paula. Ós nenos vaiselles facer moi raro volver o cole e que non estés. Moita sorte onde queira que vaias. Un abrazo e un bico xigante de Sara

    ResponderEliminar