domingo, 7 de junio de 2020

Vídeo 9 lóxica-matemática

Bos días Familias:
Co que respecta aos vídeos de esta semana, teño que informarvos de que non puiden gravar os do calendario. Perdoade as molestias e preocurarei a semana que ven poder facelos.
Hoxe vamos a realizar outro vídeo de lóxica-matemática, como ocorre en todas as ocasións vou deixar unha serie de indicacións para a súa realización.

Para facer este vídeo tamén vou deixar unha serie de indicacións:

  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa as fixemos en clase en múltiples ocasións e coñecen a dinámica.
  2. Teñen que seguir todas as indicacións: cando mando contar deben facelo en voz alta, diante de vos, para comprobar se están dicindo ben o número ou non. Ocorre o mesmo cando mando facer o número cos dedos da man.
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal. 
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  5. Hoxe vamos facer duas follas do libro número 6 "As ras". Os nenos e nenas van a necesitar unhas pegatinas nas que aparecen os número de o 1 ao 3.
Hoxe visualizaremos o conto “Dieza ratones y un gato”
Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es.

    Un biquiño para os nenos e nenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario