lunes, 8 de junio de 2020

Vídeo 9 lectoescritura

Bos días familias, hoxe toca un vídeo de lectoescritura.

Como fixen na entrada anterior vou deixar unha serie de indicacións:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. 
  2. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal, volveo deixar o vídeo.
  3. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
Para as familias que teñen impresora deixo unha ficha para que podades imprimir e realizar. O resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio e un lapis para realizar as tarefas do vídeo
Como todos os días, deixo aquí o conto que teñen que ver os nenos e nenas:
Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: 

Moitos bicos e apertas para todos e todas... e ánimo coas tarefas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario