Bos días familias! Hoxe
toca lembrar as…CORES. Como fixen nos outros vídeos vou deixar unha serie de
indicacións para facer este vídeo:
1. É importante que os nenos e as nenas
fagan este tipo de actividades. Xa coñecen as cores, polo que está actividade é
principalmente para lembrar coñecementos. Non pasa nada se confunden algunha
cor, seguiremos traballando semana a semana estes aspectos.
2. Tedes que facer todas as
actividades que se indican no vídeo, ofrecéndolles a vosa axuda se fora
necesario.
3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en
que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal.
4. Son moi importantes os reforzos
positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”,
“fenomenal”, etc.
5. Hoxe faremos dúas follas do libro número
5 “Unha horta no xardín”. As pegatinas que empregarán serán estas:
A
continuación deixo o conto que nos toca hoxe:
Por
favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas.
Recordo outra vez o meu correo:
Moitas grazas pola vosa comprensión e participación nas
tarefas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario