lunes, 4 de mayo de 2020

Vídeo 4 lectoescritura


Bos días familias! hoxe toca un vídeo de lectoescritura.

Como fixen na entrada anterior vou deixar unha serie de indicacións:
1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Espero que lles guste a lactura do conto de "Pepita y Miguel".
2. É a primeira vez que van facer a letra O. Non pasa nada se ao principio non sae ben, pouco a pouco.
3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal, volvo a deixar o vídeo.
4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.


Para as familias que teñen impresora deixo unha ficha para que podades imprimir e realizar. O resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio e un lapis para realizar a última tarefa do vídeo.

Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es

Como todos os días, deixo aquí o conto que teñen que ver os nenos e nenas:

Moitos bicos e apertas para todos e todas... e ánimo coas tarefas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario