lunes, 25 de mayo de 2020

Vídeo 7 lectoescritura

Bos días familias! hoxe toca un vídeo de lectoescritura.


Como fixen na entrada anterior vou deixar unha serie de indicacións:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. 
  2. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal, volveo deixar o vídeo.
  3. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
Para as familias que teñen impresora deixo unha ficha para que podades imprimir e realizar. O resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio e un lapis para realizar as tarefas do vídeo.
Como todos os días, deixo aquí o conto que teñen que ver os nenos e nenas:
Antes de despedirme ata maña, quero felicitar a outro neno que o domingo estivo de cumpleanos, ¡MOITAS FELICIDADES SERGIO! Espero que tiveras un gran día e o desfrutaras moito. 

Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: 
pauladoradogomez@edu.xunta.es


Moitos bicos e apertas para todos e todas... e ánimo coas tarefas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario