domingo, 3 de mayo de 2020

Vídeo 4 lóxica-matemática


Bos días Familias:
Hoxe vamos comezar o libro do terceiro trimestre. Vamos combinar o traballo co libro número 5 que chámase “Unha horta no xardín” e o libro “Penso, calculo, razoo”. No libro número 5 hai unhas pegatinas que os nenos e nenas deben empregar. É recomendable que arranquedes esa folla e a gardedes, xa que en ocasións distráense con elas. No blog deixarei unha imaxe das pegatinas que debemos utilizar cada día.
No que respecta as tarefas que levaremos a cabo, vou seguir mantendo o calendario que vos indiquei:
LUNS
LÓXICA-MATEMÁTICA
MARTES
LECTOESCRITURA
MÉRCORES
CORES
XOVES
GRAFOMOTRICIDADE
VENRES
ASPECTOS PLÁSTICOS







Como ocorreu a semana pasada o vídeo desta semana ten que ir dividido en dúas partes, perdoade as molestias:


Para facer este vídeo tamén vou deixar unha serie de indicacións:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa as fixemos en clase en múltiples ocasións e coñecen a dinámica.
  2. Teñen que seguir todas as indicacións: cando mando contar deben facelo en voz alta, diante de vos, para comprobar se están dicindo ben o número ou non. 
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal. 
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  5. Hoxe vamos facer dúas follas do libro número 5 "Unha horta no xardín". Os nenos e nenas van necesitar o punzón e estas pegatinas:




O conto de hoxe é “Unha horta no xardín”:

Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es.

    Un biquiño para os nenos e nenas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario