viernes, 15 de mayo de 2020

Vídeo 6 lóxica-matemática

Bos días Familias:
Hoxe vamos a realizar outro vídeo de lóxica-matemática, como ocorre en todas as ocasións vou deixar unha serie de indicacións para a súa realización.
Para facer este vídeo tamén vou deixar unha serie de indicacións:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa as fixemos en clase en múltiples ocasións e coñecen a dinámica.
  2. Teñen que seguir todas as indicacións: cando mando contar deben facelo en voz alta, diante de vos, para comprobar se están dicindo ben o número ou non. Ocorre o mesmo cando mando facer o número cos dedos da man.
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal. 
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  5. Hoxe vamos facer unha folla do libro número 5 "Unha horta no xardín" e outra do libro "Penso, calculo, razoo". Os nenos e nenas van a necesitar esta pegatina:

Hoxe escoitaremos a canción “Os números”
Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es.

    Un biquiño para os nenos e nenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario