miércoles, 15 de abril de 2020

Nota aclaratoria

Boas tardes familias, espero que esteades todos ben nas vosas casas.

Vou facer está entrada no blog para aclarar unha serie de aspectos con respecto aos libros.

  1.      O profesorado agora mesmo non podemos avanzar contidos cos nenos e nenas, por este motivo non estamos empezando os libros do terceiro trimestres e estamos facendo actividades de repaso.
  2.     O libro “Penso, calculo, razoo” é para o segundo e terceiro trimestre. Por iso, non está acabado. Non vos preocupedes, unha vez podamos continuar cos contidos o realizaremos.
  3.     É moi importante que os nenos e nenas fagan únicamente o traballo que indico. De ser de maneira contraria, o alumnado estaría avanzando e non podería levar a cabo o seu seguimento no proceso de ensinanza.
  4.     No momento no que se indique ao profesorado que podemos seguir avanzando contidos por suposto empregarei os libros que tedes todos na casa. Mentres tanto, por favor, seguida as miñas indicacións.

Moitas grazas pola vosa colaboración e un cordial saludo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario