martes, 21 de abril de 2020

Vídeo 2 cores

Bos días familias! Hoxe toca seguir lembranso as…CORES. O primeiro que temos que facer é escoitar a canción que deixo a continuación:
Despois deberemos visualizar o vídeo que fixen para os nenos e nenas:

Como fixen nos outros vídeos vou deixar unha serie de indicacións para facer este vídeo:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa coñecen as cores, polo que está actividade é principalmente para lembrar coñecementos.
  2. Tedes que facer todas as actividades que se indican no vídeo, ofrecéndolles a vosa axuda se fora necesario.
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis e as cores. É necesario que os corrixamos cando o collen mal.
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  5. Deixo a ficha para as familias que teñen impresora como dixen no vídeo. O resto de familias tedes que facer un debuxo de un obxecto/alimento/xoguete... que sexa de cor verde.

Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es
Moitas grazas pola vosa comprensión e participación nas tarefas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario