lunes, 13 de abril de 2020

Empezamos os vídeos!

Bos días familias! Como xa falaramos no blog anterior, hoxe comezan os vídeos. Espero que os nenos e as nenas os desfruten moito e se divirtan aprendendo.
Antes de deixar o vídeo, vou explicar a rutina que vamos seguir:

LUNS
LÓXICA-MATEMÁTICA
MARTES
LECTOESCRITURA
MÉRCORES
CORES
XOVES
GRAFOMOTRICIDADE
VENRES
ASPECTOS PLÁSTICOS







Todas as entradas do blog van contar con: canción de Bos días, diferentes tarefas para facer na casa, unha ficha (optativa) e un conto.
Para facer este vídeo tamén vou deixar unha serie de indicacións:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa as fixemos en clase en múltiples ocasións e coñecen a dinámica.
  2. Teñen que seguir todas as indicacións: cando mando contar deben facelo en voz alta, diante de vos, para comprobar se están dicindo ben o número ou non. O mesmo ocorre cando mando facer o número coa man.
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal. Se queredes na seguinte entrada no blog deixo unha serie de estratexias para traballar este aspecto nas casas.
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  5. Para as familias que teñen impresora deixo unha ficha para que a podades imprimir e realizar. O resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio e un lapis para realizar a última tarefa do vídeo.

A continuación vou deixar o enlace para o conto de hoxe:


Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es

Moitos bicos e apertas para os nenos e nenas da súa titora.




No hay comentarios:

Publicar un comentario