martes, 28 de abril de 2020

Vídeo 3 cores

Bos días familias! Hoxe toca lembrar as…CORES. Como fixen nos outros vídeos vou deixar unha serie de indicacións para facer este vídeo:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa coñecen as cores, polo que está actividade é principalmente para lembrar coñecementos. Non pasa nada se confunden algunha cor, seguiremos traballando semana a semana estes aspectos.
  2. Tedes que facer todas as actividades que se indican no vídeo, ofrecéndolles a vosa axuda se fora necesario.
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal.
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
   Para as familias que teñen impresora deixo unha ficha para que a podades imprimir e realizar. O resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio e cores para realizar a última tarefa do vídeo.
 
    A continuación deixo o conto que nos toca hoxe:

Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: 
Moitas grazas pola vosa comprensión e participación nas tarefas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario