Bos
días familias! Hoxe toca lembrar as…CORES. Como fixen nos outros vídeos vou
deixar unha serie de indicacións para facer este vídeo:
- É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa coñecen as cores, polo que está actividade é principalmente para lembrar coñecementos. Non pasa nada se confunden algunha cor, seguiremos traballando semana a semana estes aspectos.
- Tedes que facer todas as actividades que se indican no vídeo, ofrecéndolles a vosa axuda se fora necesario.
- É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal.
- Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
- Para as familias que
teñen impresora deixo unha ficha para que a podades imprimir e realizar. O
resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio e cores para realizar a
última tarefa do vídeo.
A continuación deixo o conto que nos toca hoxe:
Por favor, enviádeme ao correo as
actividades realizadas polos nenos e nenas. Recordo outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es
Antes de despedirme, quería felicitar a un neno que estivo onte de cumpreanos: moitas felicidades Rubén! espero que tiveras un día de cumpreanos moi feliz.
Antes de despedirme, quería felicitar a un neno que estivo onte de cumpreanos: moitas felicidades Rubén! espero que tiveras un día de cumpreanos moi feliz.
Moitas grazas pola vosa comprensión e participación nas tarefas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario