jueves, 16 de abril de 2020

Venres de debuxos

Bos días familias, sei que hoxe tocaría facer unha tarefa de grafomotricidade…pero é venres e toca desenvolver a nosa creatividade! Collede un papel, lapis e cores  para deixar que os nenos e nenas debuxen os seus xoguetes favoritos…despois deberán colorealo. É moi importante que aínda que sexa unha actividade libre esteamos atentos e atentas a maneira en que o alumnado faga o agarre do lapis.
Unha cousa que podemos facer e que aos nenos e nenas lles encanta é colgar os debuxos que fagan durante este tempo nun espazo da casa. Por exemplo nas ventanas do salón, de este modo estaremos creando un mural que de seguro gústalles moito.
Hoxe toca un conto moi especial, espero que axude aos nenos e nenas a entender un pouco a situación que estamos vivindo.
Estarei encantada de recibir as imaxes dos debuxos no correo (pauladoradogomez@edu.xunta.es). Moitas grazas e feliz fin de semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario