domingo, 26 de abril de 2020

Vídeo 3 lóxica-matemática

Bos días familias! hoxe toca un vídeo de lóxica-matemática. Espero que os nenos e as nenas os desfruten moito e se divirtan aprendendo. Perdoade as molestias, pero neste caso, ten que ir dividido en dúas partes:

Para facer este vídeo tamén vou deixar unha serie de indicacións:
  1. É importante que os nenos e as nenas fagan este tipo de actividades. Xa as fixemos en clase en múltiples ocasións e coñecen a dinámica.
  2. Teñen que seguir todas as indicacións: cando mando contar deben facelo en voz alta, diante de vos, para comprobar se están dicindo ben o número ou non. O mesmo ocorre cando mando facer o número coa man.
  3. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal. Vou deixar un vídeo explicativo nesta entrada do blog para axudarvos a corrixir o agarre.
  4. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  5.         Hoxe vamos facer dúas follas do libro “Penso, calculo, razoo”. Por favor mirade o vídeo e a explicación para que os nenos e nenas podan facer a tarefa.
  6.      Vou deixar unha ficha optativa. Non é necesario facela.


O conto de hoxe é “Por cuatro esquinitas de nada”. Moitas grazas a María por enviarme esta suxestión. Se algunha das familias quere enviarme algún conto non o dubidedes, estarei encantada de recibir ideas no correo. 

   

Por favor, enviádeme ao correo as actividades realizadas polos nenos e nenas. Recorso outra vez o meu correo: pauladoradogomez@edu.xunta.es.

    Un biquiño para os nenos e nenas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario