miércoles, 22 de abril de 2020

Vídeo 1 grafomotricidade


Bos días familias! Hoxe vamos a traballar a grafomotricidade. Vou deixar unha serie de indicacións para poder facer o vídeo:
  1. Deixo a vosa disposición unha serie de exemplos gráficos. É necesario que fagades unhas marcas de cores que os nenos e nenas deberán unir cunha liña recta. Primeiro o farán de forma horizontal e despois de un modo vertical.
  2. É moi IMPORTANTE fixarnos na maneira en que collen o lapis. É necesario que os corrixamos cando o collen mal.
  3. Son moi importantes os reforzos positivos, cando fagan ben a actividade temos que felicitalos “Moi ben”, “fenomenal”, etc.
  4. Para as familias que teñen impresora deixo dúas fichas fichas para que a podades imprimir e realizar. O resto no vos preocupes, é suficiente con ter un folio, lapis e cores para realizar a última tarefa do vídeo.


 A continuación, deixo o vídeo de hoxe e a ficha:




O conto que toca hoxe é "Carabuñas", espero que o disfrutedes.


Moitas grazas pola vosa comprensión e participación nas tarefas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario